domingo, 7 de septiembre de 2014

AQUÍ ESTAMOS DE NOVO FAMILIAS!!!

Que tal de verán? Xa se está rematando e con mal tempo, por certo!!
Este aviso é para lembrarvos que o mércores día 10 de setembro tedes que facer as filas no mesmo lugar que este último curso escolar de 5 anos. Alí estarei eu esperándovos e virá a titora nova para levar aos nenos e nenas a súa nova aula. Estade tranquilos porque xa a coñecín e penso que ides ter sorte, ja ja!!
Ademais que vai seguir, un pouco, a dinámica de traballo da aula e os recunchos "rincóns de xogo" non desaparecen.
Un biquiño e ata mércores.
Moitos agarimos para os peques, xa non tan peques, e tranquilizádeos coa nova etapa.

jueves, 22 de mayo de 2014

A COMER SANDWICH PRIMAVERA TODOS....








ELABORACIÓN E DEGUSTACIÓN DO "SANDWICH PRIMAVERA" CON LEITUGA DO INVERNADOIRO INFANTIL !!








Déixovos algunhas fotos do día do sandwich. Participaron na elaboración e preparación da receita e, como non, comeron toditos del. Un bocata enteiro e todos, agás un, con mahonesa!!
Ata algún dicía que era o millor sandwich que comera nunca, ja ja!! Como se nota a forza do grupo..






Despois de presentar os ingredientes, só queda poñer mans á obra e ....
COMER !!!!