miércoles, 28 de diciembre de 2011

Benvida ao blog da "Aula dos Parrulos" do curso 2011-12

En pleno Nadal e chegadas, xa, as merecidas vacacións para os peques da aula dos parrulos de 4ºA do CEIP "Ponte dos Brozos" de Arteixo, é o momento de poñer en marcha un blog onde pretendo, como mestra titora, facer un achegamento de todas as cousas que ocorren na aula durante o curso e así, compartir experiencias, aprendizaxes e ilusións dos cativos coas súas queridas familias. Esperamos que vos guste e que participedes ou ben facendo comentarios, dando ideas ou incluso, aportando experiencias vividas por vós, que sempre nos encherá de ledicia no noso quefacer cotiá.
É a primeira andadura cos blogs e seguro que todos e todas aprenderemos moito e xuntos.


FELICES FESTAS E FELIZ ANO NOVO 2012!!!! 
Espero que os peques o estean pasando ben e que disfruten destas datas, tan ansiadas por eles e sen esquecer, por suposto, que despois de Reis, voltamos á escola a seguir avanzando e aprendendo.
Moitos biquiños!!!